Este proxecto fíxose posible cos fondos do 0,7% do IRPF que xestiona a Xunta de Galicia e que proceden das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de Actividades de interese xeral consideradas de interese social.
Un total de 35 persoas con discapacidade dos diferentes concellos que forman as comarcas do Condado e a Paradanta beneficiáronse durante o ano 2021 do Servizo de Fisioterapia que a Asociación de Persoas con Discapacidade Adapta, entidade que forma parte de COGAMI, puxo en marcha co fin de mellorarlles a calidade de vida e a autonomía persoal.
Este servizo, que iniciou en xaneiro e rematou en decembro, foi posible cos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas que marcaron o cadro de Programas de interese xeral para fins de carácter social, e que foron xestionados a través Xunta de Galicia. Dende Adapta procúrase manter de xeito continuado os servizos de rehabilitación, como este de fisioterapia, por seren especialmente importantes para persoas que tiveron unha lesión ou que teñen problemas de saúde causados por unha enfermidade, unha afección ou unha discapacidade, chegando a ser un elemento clave na promoción da súa autonomía persoal.