O grupo de oposición aposta por eliminar as malas costumes ás que estaba acostumada a Xefatura porque “O Porriño precisa un servizo respectado e repectuoso coa veciñanza”
EU Son do Porriño vén de presentar unha moción para o vindeiro Pleno Ordinario no que se denuncia a situación na que se atopa a Policía Local, e na que se ofrecen unha serie de medidas para un cambio imprescindible e urxente, nun servizo fundamental para O Porriño.
Na actualidade, EU Son destaca que aínda non se aperturou o expediente do posible abuso policial, pois na derradeira resposta obtida “non hai nomeado instrutor/a de xeito expreso. Debemos entender que é o propio Inspector o instrutor?”.
Tampouco hai una aclaración lóxica para as horas extraordinarias dudosas, xa que parte destas horas a maiores realízanse en dispositivos de control compartidos coa Garda Civil, voluntariamente e non por imposición operativa.
A veciñanza tamén bota en falla unha maior presenza de axentes a pé, tanto nas parroquias como nas rúas, o que ten que ser una policía de proximidade; así como moito que mellorar con relación ao servizo, trato á cidadanía e desenvolvemento das súas funcións.
Por todo elo, EU Son propón ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:
1.- Nomeamento polo Alcalde dun instrutor/a para o expediente de información reservada pola detención do noso veciño o día 16/05/21, que se instrúa e quede en suspenso a súa resolución á espera de sentenza ao estar o asunto xudicializado, conforme ao compromiso dado en sesión plenaria e incumprido pola súa antecesora no cargo.
2.- Instrucións inmediatas e supervisión eficaz polo Alcalde e Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Persoal e Policía para que a Policía Municipal sexa un corpo, no seu conxunto, respectuoso e respectado pola veciñanza, que desenvolva un servicio estrito e rigoroso pero tamén amable, de axuda eproximidade.
3.- Uso exclusivo de vehículos municipais en horas de servizo e/ou naquelas nas que os e as axentes teñan que estar ao dispor nos seus domicilios para atender posibles casos de violencia machista (VIOXEN).
4.- Posta en marcha o máis axiña posible dun proceso selectivo de contratación de axentes auxiliares para cubir unha plantilla escasa para as necesidades actuais do noso Concello e imprescindible para unha maior presenza nas nosas rúas e parroquias.