Sthela Táboas 07/01/2022

Hoxe Paula Carballeira achegará esta tarde aos nen@s o título ‘Un mes. Catro lúas. Unha sesión de contos’

A Biblioteca Municipal tamén acollerá unas xornadas para familias e profesionais baixo o título “Acompañando na aventura de crecer”

Esta tarde ás 18.30 horas terá lugar na Biblioteca Municipal unha sesión de animación á lectura a cargo de Paula Carballeira, baixo o título “Un mes. Catro lúas. Unha sesión de contos”.

Trátase dunha actividade organizada pola Biblioteca Municipal, programada ao longo de varios meses coa intención de animar á lectura empregando os contos como ferramenta.

Segundo explica a páxina web de Cultura do Porriño “non hai mellor lugar para os contos que unha biblioteca. Nela, quedan ao abeiro dos libros, quentes e protexidos. A biblioteca do Porriño quere traer novas historias, desas que quedan na súa, na vosa memoria, coma un arrecendo ou un alento, porque as palabras van polo vento”.

“Paula Carballeira adícase a contar. Vai polo mundo recollendo contos. Trae os contos que foi atopando, e vainos contando. Escolle cada palabra, cada canción, cada xogo, porque nunha sesión de contos temos todo o tempo do mundo para desfrútalo mentres dura”.

“Cada catro lúas, chegará ao Porriño con contos novos. En xaneiro, contos de inverno. En febreiro, contos de bromas, de disfraces, de Entroido. En marzo, contos de primaveira, de poesía, de maxia. En abril, contos deses que inventaba  H. C. Andersen, en Dinamarca. E en maio, contos de aquí, letras que coñecemos, lugares misteriosos dos que non sabemos”.

Ciclo “Acompañando na aventura de crecer”

Por outra banda, a Biblioteca Municipal tamén acollerá unas xornadas para familias e profesionais baixo o título “Acompañando na aventura de crecer”, nas que, desde diferentes puntos de vista, abordarase como poder favorecer o correcto desenvolvemento dos fill@s desde o nacemento e na súa primeira etapa infantil.

As conferencias serán mensuais e comezarán o venres 14 co tema “Impacto das pantallas no desenvolvemento cognitivo”, a cargo da pedagoga e mestra, María Couso Barja. Esta docente autora do proxecto “Cerebro e Xogo” que promove o uso de xogos de mesa como ferramenta de aprendizaxe infantil, defende a tese de que o contacto e uso da tecnoloxía dixital en idades prematuras, debeberían retrasarse.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad