Sthela Táboas 04/01/2022

É preciso reservar entrada e os maiores de 12 anos deberán presentar certificado COVID

Os Reis Magos recibirán este mércores, 5 de xaneiro, aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui.  Hoxe luns ás 20 h abrirase a reserva de entradas a través da web www.tui.gal.  Melchor, Gaspar e Baltasar recibiran aos pequenos e pequenas este mércores, 5 de xaneiro, de 11.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 19.00 h. Establécense quendas de entrada cada 10 minutos, admitíndose un máximo de 6 grupos por quenda estando composto cada grupo por un máximo de 5 persoas da que coma mínimo 1 debe ser unha persoa adulta. Recoméndase acudir cunha antelación de 10 minutos sobre a hora fixada na entrada.

A recepción contará cun protocolo covid de tal xeito que o acceso tanto ao vestíbulo do teatro coma ao patio de butacas realizarase de forma escalonada. No acceso a todas as persoas maiores de 12 anos requiriráselles a presentación do certificado covid de ter a pauta de vacinación completa, ou certificado de proba diagnóstica – test de antíxenos ou PCR negativa, ou certificado de ter superado a enfermidade.  Será obrigatorio o uso de máscara para as persoas maiores de 6 anos así coma o a desinfección de mans con hidroxel. En todo momento deberase seguir o percorrido de acceso establecido pola organización. Durante a recepción os nenos e nenas manterán a distancia de seguridade cos Reis Magos, e as persoas adultas que os acompañan poderán tomar fotografías dende o patio de butacas.   Doce paxes acompañarán aos nenos nesta recepción real.

Por outra parte a tradicional cabalgata polas rúas do centro urbano non terá lugar este ano debido á previsión de choiva e á actual situación sanitaria. Xa hai semanas que quedou descartada a Cabalgata Internacional que cada ano celebra a Eurocidade con saída dende Valença e chegada a Tui, debido ás restricións establecidas no país veciño.  Mantívose até o último momento a posibilidade do percorrido polas rúas tudenses dos Magos de Oriente e a súa comitiva, pero esta opción vén de ser tamén descartada. De todos os xeitos aquelas persoas que o desexen poderán ver as carrozas elaboradas polas asociacións Aloia de Pazos de Reis,Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Xuntanza de Randufe que estará situadas na rúa Ourense a partir das 17 h deste mércores, 5 de xaneiro.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, sinala que “este ano de novo houbo que adaptar a visita dos Reis Magos ás actuais circunstancias derivadas da pandemia”. Engade que “con todas as medidas de seguridade os nenos e nenas poderán vivir a maxia de saúdar a Melchor, Gaspar e Baltasar no Teatro Municipal”.Sonsoles Vicente agarda que para 2023 a situación permita recuperar a tradicional Cabalgata Internacional con Valença, un dos actos destacados desta Eurocidade Tui-Valença.

Dende o Concello de Tui amósase o agradecemento a todas as persoas que fan posible esta actividade dende os membros da Policía Local e Protección Civil, empregados municipais, a Asociación Scouts Alhoia, ás asociacións culturais Aloia de Pazos de Reis, Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Xuntanza de Randufe.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad