Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron esta tarde as parroquias e este mércores farano polo centro urbano para saúdar aos nen@s porriñeses
O Concello do Porriño anunciou que non haberá cabalgata dinámica seguindo as recomendacións da autoridade sanitaria, pero os Reis Magos percorrerán hoxe as parroquias e maña o casco urbano, saudando aos nen@s.
De feito, durante a tarde de hoxe os Reis Magos visitaron os centros sociais e veciñais de todas as parroquias, a partir das 16:30 h. No caso de Torneiros, a comitiva parou na casa parroquial xa que o Centro Cultural Alba está pechado, segundo indicou Bienvenido Estévez, o novo concelleiro responsable de Cultura e Festas.
Mañá, 5 de xaneiro, sairán en vehículos abertos dende o Pavillón de Deportes ás 16:30 h para saudar aos nen@s polo centro urbano co seguinte percorrido: Doantes de Sangue, Fernández Areal, Doutor Paz Varela, Pinar, Codesal, Cruceiro, Antonio Palacios, rotonda do Canteiro, avenida Galicia, rotonda de Mos, Ramiranes, Ramón Gónzalez, Praza do Concello, Antonio Palacios, Domingo Bueno, Pio XII, Manuel Rodríguez, praza de San Sebastián, rúa San Sebastián, de novo, rúas Manuel Rodríguez e Domingo Bueno para rematar no Centro Cultural Municipal.
E una vez rematado o recorrido, ao redor das 17.30 h, as Súas Maxestades de Oriente Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nen@s que se acheguen ao auditorio exterior (ao aire libre) do Centro Cultural Municipal, onde se instalará unha carpa como xa aconteceu en 2021. Os Reis Magos recibirán aos cativos ata as 20.00 h.