As axudas van dende os 2.000 aos 12.000 € en función do número de empregados
Desde a Deputación de Pontevedra informan da publicación de axudas do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Orden ETD/1498/2021, de 29 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a dixitalización de pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, no marco da Axenda España Dixital 2025, o Plan de Dixitalización PYMEs 2021-2025 e o Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de España -Financiado pola Unión Europea- Next Generation EU (Programa Kit Digital).
Estas axudas están destinadas a facilitar ás pemes e autónomos a adopción de solucións de dixitalización en diversos ámbitos, como a presenza en Internet, o comercio electrónico, a xestión de redes sociais, a dixitalización das relacións con clientes, a intelixencia empresarial e analítica, a implantación de factura electrónica, ferramentas e servizos de oficina virtual, comunicacións seguras e ciberseguridade.
En función do número de empregados, as empresas poderán acceder a axudas de 12.000 €, no caso de ter entre 10 e 50 traballadores; 6.000 €, para os de entre 3 e 9 traballadores; e 2.000 €, para as de menos de 3 traballadores.
Toda a información na seguinte ligazón:
https://red.es/sites/redes/files/media/documents/BOE-A-2021-21873.pdf