Sthela Táboas 03/01/2022

O bloque está integrado na súa totalidade por vivendas protexidas que foron promovidas no seu día pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

O IGVS pon á disposición dos veciños que se viron afectados polo lume varias prazas de aparcamento da Xunta dispoñibles tanto no mesmo edificio como no contiguo

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron esta mañá o inmoble de Navia que o pasado domingo sufriu un incendio nunha das súas plantas destinadas a garaxe co fin de coñecer o estado xeral do edificio e poñerse á disposición da comunidade de propietarios para axudalos e colaborar en todo aquilo que necesiten con relación ao sinistro.

O conxunto dobloque, no que residen unhas 200 persoas, está formado por vivendas protexidas de promoción pública en réxime de alugueiro e de compra venda, que foron entregadas pola Xunta aos seus adxudicatarios no ano 2010.

O lume orixinouse nunha das plantas do edificio destinadas a garaxe —concretamente, no 4º soto— e afectou a varios vehículos que estaban estacionados na mesma, sen que ningunha das vivendas resultase danada.

Por este motivo, o IGVS puxo á disposición daqueles veciños cuxas prazas se vironafectadas polo lume ou que teñan dificultades para aparcar na planta do sinistro, varias prazas de estacionamentoque ten a Xunta dispoñibles tanto no propio edificio como no bloque contiguo a fin de que poidan utilizalas de forma temporal.

Así mesmo, Heriberto García e Marta Fernández-Tapias lembraron que as autoridades están a investigar as posibles causas que provocaron o incendio. Neste sentido, ambos coincidiron en salientar que, tras o incidente, as alarmas, o sistema de extracción e a evacuación do edificio “funcionaron perfectamente”, polo que só houbo que lamentar danos materiais no cuarto soto do bloque de vivendas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad