Sthela Táboas 31/12/2021

Entran en vigor as medidas de bonificación que o Concello pon en beneficio dos afectados que supoñen máis de 10.000 parcelas

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade as medidas fiscais encamiñadas a minimizar as consecuencias e corrixir as inxustizas derivadas do procedemento simplificado de valoración catastral iniciado pola Dirección Xeral de Catastro no Concello de Salceda.

En concreto o goberno municipal puxo en marcha cinco medidas durante todo o proceso:

  1. Creación da oficina de atención á veciñanza.
  2.  Ampliación do prazo para a presentación de recursos.
  3.  Aprazamento dos atrasos.
  4.  Baixada do tipo impositivo do 0,5% ao 0,4%.
  5.  Bonificacións e exencións.  

Estas últimas medidasconsisten na modificación da Ordenanza Fiscal nº21, reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, sendo a baixada do tipo impositivo que pasa do 0,5% ao 0,4%, a exención de todos os recibos de menos de 7 euros e a bonificación do 90% que afectará a máis de 10.000 parcelas, as que teñen un impacto directo sobre a economía da veciñanza.

 As parcelas sen construción susceptibles destas bonificacións son por un lado as que teñen aplicado por catastro o coeficiente corrector “G” e contan con menos de 450 m2 de superficie, e por outro lado as que teñen aplicado por Catastro o coeficiente corrector “H” por inedificabilidade temporal.

Estas bonificaciónspoderán solicitarse anualmente antes do 1 de xaneiro do exercicio no que deba surtir efecto,pero excepcionalmente para este primeiro ano de aplicación o prazo de solicitude amplíase ata o 1 de marzo de 2022.

Nos próximos días farase chegar á todas as vivendas as instrucións e o modelo de solicitude, que se pode atopar na páxina web do concello, e que deberá ser entregada no rexistro xeral ou a través da sede electrónica.

Estamos ante a aprobación da maior bonificación do IBI da historia do Concello de Salceda e de todos os Concellos da contorna, que dará cabida a máis de 10.000 parcelas que se atopan en situación de inedificabilidade pero dentro do núcleo, e nas que dende sempre  consideramos que se producían as situacións mais inxustas.

Estas medidas fiscais van a ter un importante impacto nas contas municipais, pero ante un procedemento desta magnitude, o equipo de goberno demostra unha vez máis estar ao lado da veciñanza aportando solucións.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad