Sthela Táboas 31/12/2021

Rematan as obras de rehabilitación da fonte tudense financiadas cunha axuda da Xunta de Galicia

O Concello de Tui vén de rematar as obras de rehabilitación da fonte e lavadoiro de Chans, en Randufe, ao abeiro da Liña II das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio.

Trátase dunha axuda da Xunta de Galicia publicada no DOG o 10 de setembro o abeiro da liña II: equipamentos de titularidade municipal que se sinalan a continuación: Fontes, lavadoiros públicos, palcos de música e hórreos. Cun prazo de pouco máis de tres meses, para tramitación, execución e xustificación (ata o 31/12/2021), cumprimentouse ese expediente, algo que o Concello de Tui quere agradecer públicamente ao persoal dos departamentos que interviñeron nesa tramitación.

As obras foron executadas de acordo ao proxecto presentado e avalado pola resolución de Patrimonio. Consistiron no arranxo de fugas de auga existentes no lavadoiro, demolición dos muros de ladrillo enfoscados con morteiro de cemento, ampliación dos muros laterais con pedras de granito sen desbastar, picado das xuntas de morteiro de cemento dos muros e rexuntado con morteiro tradicional a base de cal, execución de pavimento de laxas de granito, colocación dunha varanda de aceiro inox para protección no perímetro da represa, colocación dun emboquille de pedra na saída da auga da fonte, retirada da tubaxe de PE pegada ao muro lateral de pedra con morteiro de cemento e da pedra de inauguración con símbolo franquista.

Con esta obra mellórase o aspecto actual para poñer en valor o conxunto de fonte e lavadoiro, eliminando aqueles elementos realizados con posterioridade, e que non estaban en consonancia co conxunto. Ademais esta era unha vella demanda dos veciños de Randufe e en especial das lavandeiras que a día de hoxe realizan eses traballos neste lavadoiro e non podían desenvolvelo nesas condicións.

Por outra parte cabe lembrar, que esta convocatoria tiña unha liña I: edificios ou dependencias destinados á prestación dos servizos municipais na que o Concello de Tui tamén concorreu, pero non foi concedida xa que se esgotou o crédito o primeiro día.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad