Onte achegámosnos a Casa Multiusos de Vilacoba para mirar cos pais, nais e @s cativ@s da parroquia as obras de mellora que se levaron a cabo na aula destinada a biblioteca.
Unhas obras que contaron coa colaboración de pais e nais e dos propios nenos e nenas de Vilacoba, co fin de adecuar un espazo onde poder realizar actividades varias, xuntarse, ler e estudar… en fin, un punto donde atopar un ambiente de lectura para os máis cativos da parroquia, que quedaron moi ledos co resultado.
Dende o Concello queremos dar as gracias a todas as persoas que participaron neste proxecto e que persegue por en valor e dar vida ás infraestruturas municipais. O ano pasado fíxose algo semellante coa posta en funcionamento dun punto de intercambio de lectura na casa do mestre de Arantei ou a rehabilitación do antigo Concultorio Médico de Leirado no Centro Social do Maior, co fin de encher de contido os espazos municipais.