O Concello de Salvaterra de Miño rematou a pasada semana as obras de rehabilitación
O Concello de Salvaterra solicitou axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia.
Deste xeito ven de rematar as obras de rehabilitación e consolidación do Palco da Música de San Roque, en Leirado, que a través da liña II da Administración Autonómica, financian obras de rehabilitación en palcos de música co fin de acondicionar, rehabilitar ou substituír parcial ou totalmente, aqueles elementos tradicionais que forman parte deles e estén en estado de deterioro.