Sabela Landín 24/12/2021
Mos pazo

Desde hoxe e ata o 7 de xaneiro a fachada permanecerá iluminada de cor azul, co logotipo do Xacobeo 21.22 e a característica frecha amarela.

Esta tarde tivo lugar o acto do programa Acende o Xacobeo en Mos consistente no acendido da proxección na fachada do Pazo de Mos.

O comezo do acto estivo amenizado polo Grupo de Gaitas Xógara e contou coa asistencia de Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; a Delegada Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, concelleiros/as do equipo de Goberno local, voceiros/as dos grupos municipais e membros da Fundación Pazo de Mos.

O acendido estivo precedido dunha conta atrás, tras a que se iluminou a proxección sobre a fachada do Pazo consistente nunha luz de cor azul co logotipo do Xacobeo 21.22 e a característica frecha amarela. Rematando o encontro coa interpretación de dúas panxoliñas a cargo da Coral Polifónica O Son do Cantares.

O programa Acende o Xacobeo ilumina máis de 90 monumentos en toda España e máis de 40 en Galicia, entre os que se atopa o Pazo dos Marqueses de Mos. O Pazo, en pleno Camiño Portugués a Compostela, estará iluminado desde hoxe ata o vindeiro 7 de xaneiro de 2022.

Unha iniciativa de grande éxito que inclúe a iluminación de edificios en diferentes Comunidades Autónomas e cidades europeas como Londres, Dublín ou Torun en Polonia. Co acendido en Mos, este singular programa dá a benvida ao novo ano 2022, xa que durante os días previos ao vindeiro 31 de decembro estanse a iluminar diferentes monumentos das distintas rutas dos Camiños de Santiago en Galicia

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad