Tras un empate pola abstención de Manuel Carrera ao non renunciar a ser a candidata a concelleira socialista, o PP volta a gobernar no Porriño con M. Alejandro Lorenzo como novo alcalde
Esta tarde, o salón plenario do Concello de Porriño recolleu a votación do novo candidato á Alcaldía, tras a renuncia de Eva García de la Torre como alcaldesa.
A extenente de alcaldía do Concello do Porriño, ao ser a nº 2 da lista socialista, aferrouse a ser a titular da Alcaldía aínda non contando co apoio da executiva provincial e dunha mayoría dos afiliados porriñeses que, sen embargo, sí poñían a súa confianza en David Alonso.
Por outra banda, Manuel Carrera (UDDL) tamén ofrecía o apoio ao concelleiro socialista, de ahí que, ao non ser Alonso o candidato proposto polo PSOE, este se abstuvese na votación. Por outra banda, EU Son e BNG mantiveron que votarían por unha Alcaldía de esquerda e, aínda que tampouco comulgaban coa candidata socialista, meteron na urna o voto para Moure.
O resultado foi de empate a oito votos, polo que sendo o PP a lista máis votada nas eleccións, o alcalde será de hoxe en diante M. Alejandro Lorenzo, pasando o Concello do Porriño a ser gobernado pola dereita, declarando o novo rexidor unha vez rematado o Pleno “temos un goberno en minoría que tratará de facelo o mellor posible e tentar chegar a acordos polo ben do Porriño, que é o importante”.
O primeiro que fará Lorenzo será una auditoría para poder coñecer a situación económica do Concello e sanear ás irregularidades que viñan reclamando, para logo poder atender ás necesidades que a vila ven demandando.
Eva García de la Torre, antes de abandoar o salón de Plenos, anunciou que o vindeiro luns entregará a súa acta e que voltará á empresa privada, deixando o relevo a outro que lle suceda “ya vista la situación en la que hemos quedado, necesito descansar un poco de la política municipal y dedicarme a mis actividades profesionales que me hace falta” declarou.