Sabela Landín 23/12/2021
KingKids

Os nenos e nenas da banda de pop-rock KingKids gañaron o primeiro premio do concurso televisivo no que xa participaran o ano pasado acadando un 5º posto.

Ademais dos arreglos musicais, canción orixinal e estilismos son tamén mosenses.

Esta mañá tivo lugar no Concello de Mos a recepción aos nenos/as do grupo musical KingKids da Escola de Música MaiSon para homenaxealos e felicitalos polo 1º premio no Concurso “A Canción do Nadal” da CRTVG que veñen de acadar co tema titulado “Un Bo Nadal”.

Ademais da banda KingKids estiveron presentes na recepción Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Irena e Lucía, As Maimiñas, responsables da Escola de Música MaiSon e nais de 3 dos nenos de KingKids e algunha das demais nais dos nenos/as homenaxeados/as; Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo, Participación Cidadá, Política Social e Igualdade e demais membros da Corporación Municipal. A rexedora local mosense anuncioulles que o Concello de Mos quere contar con eles para que toquen en directo o día 5 de xaneiro, na Cabalgata de Reis; nova que recibiron emocionados/as.

Os KingKids xa participaron o ano pasado no concurso “A Canción do Nadal” acadando o 5º posto.

Levan 2 anos tocando xuntos como grupo e desde os 6 anos na escola de música.

Son unha banda de pop-rock que fai versións musicais e tamén compoñen algúns temas propios (cos que participaron no concurso son propios).

O grupo está formado por 8 nenos/as de 11 a 14 anos. 3 de Mos, 3 de Porriño, 1 de Salceda e 1 de Tomiño e son: Marco González, batería. Mateo González, guitarra. Saúl Lorezo, guitarra. Álvaro Muíños, baixo. Juan Muíños, cantante e guitarra. Sergio Pallares, cantante e guitarra. Nina Méndez, cantante. E Candela Carballas, cantante.

As cancións premiadas o ano pasado e este na TVG son composicións propias con canción orixinal de Íker Rodríguez (de Mos), arreglos musicais dos KingKids e produción da gravación de Raúl Ben. Os estilismos do grupo corren tamén a cargo doutra mosense, Antía Caride, de Girl’s Gang. Estes rapaces e rapazas non paran pese a súa curta idade e atópanse volcados na súa paixón musical. Mostra delo é que ao rematar a recepción saíron voando cara a Ferrol os 8 compoñentes do grupo coas súas nais, para gravar un programa especial da Televisión de Galicia para o Día de Reis.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad