“Estamos a tempo de acadar un acordo entre o PSOE, EU SON e BNG”
EU SON do Porriño celebrará Consello urxente este martes 21, para decidir a súa postura e voto cara ao Pleno de investidura do día 23.
O grupo representado polas concelleiras Patricia Sío e Blanca Francés, di que “ante a falta de resposta do PSdG ao ofrecemento a negociar sobre un documento inicial, que só se deu aos medios de xeito parcial, desleal e imprudentemente ao facelo público; queremos afirmar categóricamente que non imos aceptar a imposición de persoas sen negociación e acordos, sobre un proxecto para O Porriño”.
“Estamos a tempo de acadar un acordo entre o PSOE, EU SON e BNG para ofrecer un cambio real e unha estabilidade que repercuta de verdade n@s veciñ@s do Porriño”, pero o grupo de esquerda subliña “repetimos que, sen negociación, non hai acordo e dende logo nada nos ata nese sentido”.