Mónica Romero 20/12/2021

“Camiñando xuntos” é o título do calendario solidario da Eurocidade Tui-Valença. A partir do luns pode retirarse a cambio dun quilo de alimentos por exemplar na casa do concello

“Camiñando xuntos” é o título do calendario de 2022 que vén de editar a Eurocidade Tui-Valença. Cada mes recolle unha imaxe de Tui ou Valença realizadas pola artista tudense Rosa Mª Vila.

Así a Capela de San Xián no Monte Aloia ilustra xaneiro, a igrexa de Santo Estevao de Valença febreiro, unha vista panorámica de Tui o mes de marzo, e a travesía da Gaviarra de Valença o mes de abril. Mentres o pasadizo da rúa San Telmo, a capela de Nosa Señora do Faro, o monumento ao Pai Salvado na praza da Inmaculada, o Baluarte da Esperança, o conxunto histórico de Tui, unha vista panorámica de Valença, o pórtico da Catedral de Santa María, e unha casa emblemática revestida de azulexo no conxunto histórico de Valença completan as páxinas mes a mes até decembro.

Edítanse 400 exemplares que dende o luns, 20 de decembro e até fin de existencias, distribuiranse na casa do concello a cambio dun quilo de alimentos non perecedoiros por exemplar. Todos os alimentos entregados serán logo distribuídos polos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui e SOS Tomiño Baixo Miño. Agradécese principalmente a entrega de conservas de froitas, legumes ou peixe, leite, cacao e produtos de Nadal.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad