Sthela Táboas 17/12/2021

O domingo 19 de decembro ás 12.00 h no Auditorio do Concello de Vigo, nun concerto aberto ao público (ata completar aforo Covid) coa directora invitada Yavet Boyadjiev

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211, festexa o Nadal cun concerto que terá lugar do vindeiro domingo 19 de decembro ás 12.00 h no Auditorio do Concello de Vigo, grazas á colaboración do Concello de Vigo.

O concerto divídise en dúas partes. En primeiro lugar, actuará a sección infantil baixo a dirección de Raquel Fernández. Unha treintena de nen@s de entre 8 e 14 anos de idade, instrumentistas de violín, viola, violonchelo e contrabaixo, que interpretarán un ameno repertorio navideño. E a continuación, a sección xuvenil, dirixida pola directora invitada Yavet Boyadjiev, con obras de Vivaldi, Corelli e Chaikovski entre outros compositores.

Para asistir ao concerto pódese enviar un mail a reservaskv2211@gmail.com, indicando o nome e o teléfono das personas que asistirán. O número de entradas a reservar é de dúas.

Yavet Boyadjiev é a directora invitada pola Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211, para dirixir a sección Xuvenil neste concerto de Nadal. Violinista, investigadora e pedagoga nada en Cuba, Yavet Boyadjiev é doutora en Artes Musicais polo Graduate Center da City University of New York.  “Encantoume traballar cos membros de Kv2211. Son moi disciplinados e extremadamente receptivos a calquera indicación de tempo, golpes de arco, fraseo… Teñen unha excelente concentración e é evidente o amor pola música e as ganas de gozar do concerto”, explica a directora invitada que tamén quixo recoñecer o “excelente traballo do seu fundador e actual director, o profesor José Manuel Fernández, xa que é él quen fixo posible a maxia. O meu traballo interpretativo coa orquestra non sería posible sen a súa constante e coidadosa dedicación de anos”, declarou Yavet.

A violinista e pedagoga considera fundamental a educación musical “para desenvolver a sensibilidade e o gusto dos nen@s e d@s moz@s”. E esa educación musical, cando non forma parte da escolaridade xeral, “debe buscarse nas actividades extraescolares e é aquí onde adquiren gran relevancia os programas das orquestras infantís e xuvenís”, matiza.

“A música é un gran agasallo para a alma que enriquece as nosas vidas dun xeito que non podemos nin explicar” engade Yavet Boyadjiev, quen dende a súa experiencia viu os beneficios que tocar un instrumento musical, desde cativos, proporciona aos nen@s e moz@s “dende a disciplina, a capacidade de traballo, a resiliencia, a concentración, a sensibilidade, o aprecio pola beleza, ata o benestar e a saúde mental”, apunta. “A achega adicional da orquestra é que lles ensina o valor do traballo en equipo e tamén lles proporciona un sentido de comunidade cun interese común, a música. Tamén é unha gran inspiración para pais e avós, que veñen aos concertos e se emocionan vendo aos seus fillos e netos formando parte de algo tan fermoso”, comenta.

Por iso, Yavet Boyadjiev agarda que o concerto deste domingo 19 de decembro “encha de alegría e esperanza a todos os presentes, incluídos todos os membros da orquestra e as súas familias”,  “sobre todo nestes momentos difíciles, xa que creo que todos os seres humanos sentimos máis que nunca o valor da música e a súa importancia nas nosas vidas”, engade.

2021, Un ano cheo de música
A Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211, con preto de 60 músicos de entre 8 e 22 anos de idade, tivo un ano intenso de música, grazas a colaboración do Concello de Vigo. Comenzou 2021 cun Concerto de Aninovo, mais o seguinte concerto, “Música para unha Reconquista”, viuse adiado ao mes de outubro por mor do coronavirus e realizouse o 17 de outubro no Centro Cultural de Valladares coa participación do grupo de teatro R1809.

En 2021, a Orquestra festexou, ademáis, o Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias no concerto “A Forza dunha lingua”, e actou no seu Concerto de Verán e no tradicional Ciclo “Música clásica nas parroquias”, unha iniciativa da Orquestra Kv2211 coa que pretende contribuír á oferta cultural e dinamización musical de Vigo. Como novidade, a
sección xuvenil da Kv2211 realizou un flashmob sorprendendo aos transeúntes na rúa Príncipe.

Para 2022, a Kv2211 ten diseñado unha programación que dará comenzo o vindeiro sábado 8 de xaneiro ás 19 horas no Centro Cultural de Beade co fin de festexar o Aninovo. A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 constituíuse no ano 2017 e actualmente está formada por 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán,
Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense.

Os concertos son gratuítos cun límite de aforo e cumprimento da normativa Covid-19.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad