Sthela Táboas 16/12/2021

A dirección local do BNG “vai favorecer un acordo de esquerdas pero non comparte que, nas negociacións mantidas entre os grupos, se antepoñan intereses partidistas nin que se esixan salarios e cargos de confianza”

A agrupación do Bloque Nacionalista Galego do Porriño, ante o panorama político da vila, comunica que “a situación actual esixe amplitude de miras para poñer por diante o interese xeral e a calidade de vida das persoas, que para nós é o prioritario. Avanzar no modelo de vila pola que aposta o BNG é a razón pola que decidimos formar parte dun goberno en coalición co PSOE, a pesar das diferenzas que nos separan. As solucións para O Porriño nunca van vir da man dunha dereita que coñecemos de sobra e que xa paralizou, cunha moción de censura, o cambio iniciado polo Bloque no período 2003-2010”.

De cara ao presente da situación, a responsable local do BNG, Míriam Martínez indicou que “o BNG ten proxectos importantes en marcha e sempre está aberto a acordar en positivo novas iniciativas en beneficio do Porriño. Observamos como nas negociacións mantidas entre os distintos grupos están a primar os intereses de parte, antes que o interese xeral. A dereita pódese fortalecer no Porriño grazas a este irresponsable comportamento, pero nós non compartimos esa forma de facer política. O electorado de esquerdas confía en que se poida artellar unha alternativa críble ao PP fóra de personalismos”, afirmou.

No Bloque “entendemos que agora é o momento de acordar a investidura, negociar a persoa que ocupe a Alcaldía e as liñas básicas do futuro goberno. Despois haberá que decidir as distintas áreas de xestión e as súas retribucións, dentro da negociación dun novo orzamento”. “Debemos buscar unha candidata ou candidato de consenso para reconducir unha situación que pode hipotecar o futuro do Porriño. A proposta do PSOE non conta a día de hoxe cos apoios necesarios”. Desde o BNG “emprazamos ao grupo socialista a buscar unha opción que garanta a investidura e impida a entrada do PP”.

Conclúe a responsable local do Bloque “estamos en disposición, de ser necesario, de ofrecer o noso candidato para desencallar a situación. Nós non pomos vetos pero temos a certeza de que Pedro Pereira sería a mellor opción para dirixir o Concello”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad