Sabela Landín 15/12/2021
Teatro Mos

Regresa aos escenarios o grupo de teatro de Mulleres de Mos.

Con máis ilusión que nunca e tras o parón ebido á pandemia , o Grupo de teatro “Mulleres en Igualdade de Mos“  representará este domingo, día 19 de decembro, ás 18.00 horas, no auditorio do Centro Dotacional de Torroso “OS SENTIMENTOS XOGAN ÁS AGOCHADAS” unha adaptación de Paula Pier da obra de Susana Crespo inspirada no conto de Mario Benedetto “ Los Sentimientos juegan al escondite”

A entrada, solidaria deste espectaculo, que forma parte da programación de Nadal do Concello de Mos, será de 2 euros que irán destinados a MosAxuda para a compra de alimentos e xoguetes da campaña de Nadal.

Estas doce mulleres do grupo de teatro recalcan a importancia de apostar polo teatro. Declaran que está actividade organizada dende a concellería de Igualdade, lles axuda no seu día a día a superar complexos, a sacar forzas para solucionar problemas familiares ou simplemente a atopar momentos de evasión. O grupo naceu en 2011 a través dun curso organizado polo concello sobre autoestima; a día de hoxe xa conta con guións e representacións de autoría propia, un gran mérito xa que ningunha delas é profesional do mundo escénico.

MOSAXUDA.

MosAxuda é un proxecto do Concello de Mos nacido en 2015 como unha organización de reparto directo de alimentos entre as persoas máis desfavorecidas do municipio e apoiado polos Servizos Sociais municipais.

Seguindo coa traxectoria e perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados, solicitan nestes días a colaboración de todos os veciños e veciñas, centros educativos, empresas, asociacións… nesta campaña de nadal 2021 que ademais é unha campaña especial, debido á situación que viven moitas familias despois do COVID-19

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad