Mónica Romero 15/12/2021

Alumnos do Conservatorio e a Escola de Música de Tui ofrecerán mañá o concerto de Nadal ás 20 h no Teatro Municipal dentro da programación “Tui, o Camiño do Nadal”

Un centenar de alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Escola de Música de Tui ofrecerán mañá xoves, 16 de decembro, ás 20 h o Concerto de Nadal no Teatro Municipal de Tui. Este evento forma parte da programación “Tui, o Camiño do Nadal” que organiza o Concello de Tui.

Este concerto vai ser o primeiro que ofreza o alumnado deste centro de estudos musicais dende o inicio da pandemia, polo que para moitos será a primeira vez que actúen ante o público, e no mesmo poderase ver a súa evolución co aprendido neste novo curso escolar. O evento contará co protocolo covid e é preciso reserva previa de entrada, de forma gratuíta, en www.tui.gal ou na web do conservatorio.

Ao longo de algo máis dunha hora pasarán polo escenario do Teatro Municipal solistas, e distintas formacións coma grupos de música de cámara, a Orquestra de Corda, a Banda e a Big Band. Tamén participará o alumnado máis novo do centro, de 5 e 6 anos, de Música e Movemento.

Interpretarán un variado repertorio con temas de música clásica, jazz, ou pertencentes a musicais.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad