Sthela Táboas 14/12/2021

O Concello de Salvaterra mudou a cabalgata pola chamada personalizada aos nen@s da vila dado o repunte de contaxios

Un ano máis, debido á evolución da Covid 19 no Concello de Salvaterra de Miño “non poderemos ver ás súas maxestades pasear polas nosas rúas”, indica a alcaldesa, Marta Valcárcel.

Dende o Concello, queremos que a maxia do nadal non se perda e que a ilusión siga vivindo n@s máis pequen@s; polo que os reis chegarán ás casas de todo aquel nen@ de Salvaterra que o solicite, a través de videochamada. Para que as Súas Maxestades se poñan en contacto cos nen@s, tan só teredes que marcar o  teléfono 604072771 entre o 14 de decembro e o 2 de xaneiro no horario de 7.30 h – 13.30 h, onde vos darán as indicacións para rexistrarvos e solicitar a vosa cita cos reis.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad