Sthela Táboas 14/12/2021

O concello destina 435. 801,90 € do Plan Concellos a esta actuación que mellora notablemente a seguridade viaria  do lugar

O Concello de Mos iniciou as obras da seguridade do vial e humanización da contorna na que é a segunda fase da Humanización de Cela.

Esta segunda fase inclúe a execución dunha nova beirarrúa na marxe esquerda (parte Norte do vial) dende o Camiño da Quinta ata a Igrexa de Cela. Esta beirarrúa aumenta o ancho actual de 5 m, a 10 m previstos no plan. Con isto conséguese, non só aumentar a seguridade dos peóns, senón mellorar nalgúns puntos o trazado viario, e por tanto a seguridade do tramo.

A actuación compleméntase cos muros e movementos de terra necesarios para ampliar a sección, e tamén con obras complementarias, como o deseño de nova iluminación eficiente, a adaptación da drenaxe, o soterramento das redes de servizo aéreas, a mellora da sinalización ou redutores físicos de velocidade, entre outras.

A primeira fase desta  humanización foi  rematada no ano 2019 e consistiu na mellora da accesibilidade entre a PO-331 e o Camiño da Quinta, coa  renovación do pavimento, drenaxe de augas pluviais, creación de beirarúas e renovación alumeado e cuxo coste ascendeu a 141.905,02 € tamén con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad