“O diálogo” foi o proxecto gañador do deseño de xardín creado pola arquitecta paisaxista Magda Janvova, que xunto a Raúl González foron recibidos no Concello de Mos
A corporación municipal encabezada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo rendeu na mañá de hoxe homenaxe a empresa Viveiros Adoa, representada nas persoas de Raúl González e Magda Jandova.
Adoa centros de xardinería ven de obter o pasado mes novembro o Primeiro Premio da 16 Edición do Festival Internacional de Ponte da Lima, un referente a nivel mundial en deseño no sector da Xardinera.
ADOA empresa afincada no Concello de Mos ven dende fai máis de 30 anos asesorando e realizando os xardíns de centos de clientes, consta dun equipo humano de máis de 40 persoas encabezado polo seu xerente e propietario, Raúl González .
Destacar o traballo da arquitecta paisaxista da empresa, Magda Jandova, que realizou o deseño do proxecto titulado “O Diálogo”, dentro do tema elixido para este ano no certamen “As Relixións do Mundo”.