Sthela Táboas 07/12/2021

Debido á situación que viven moitas familias despois do COVID-19, este ano tórnase máis especial que nunca

Din os voluntari@s de Mos axuda que a ilusión está presente desde o día que se está preparando ata que se recollen as últimas físgoas do Nadal, “aquela na que temos en mente o sorriso inocente de todos os nen@s ao recibir un dos agasallos que desde Mos Axuda entregamos con tanto agarimo e respeto. E é que hai tanto por facer para os máis pequenos que sempre temos a sensación de que é insuficiente. Por iso, queremos seguir contribuíndo e colaborando, tanto na campaña ningún neno sen agasallo como na recollida de comida non perecedoira para o Banco de Alimentos Mos Axuda” afirman os voluntarios.

A Agrupación Mos Axuda formada por voluntari@s de todas as idades como Sara, Julio, María, Andrea; Protección Civil e o Concello de Mos, iniciou o pasado sábado a “Campaña solidaria de Nadal” coa recollida de alimentos, que foron doados polos veciños nos supermercados do municipio: Lidl, Eroski e Gadis.

“Mos Axuda”é un proxecto do Concello de Mos nacido en 2015 como unha organización de reparto directo de alimentos entre as persoas máis desfavorecidas do municipio e apoiado polos Servizos Sociais municipais.

Seguindo coa súa traxectoria e perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados, iníciana a campaña de nadal 2021 solicitando a colaboración de todos os centros educativos, empresas, autónomos, veciños e veciñas nesta datasde nadaltratándose ademais dunha campaña especial, debido á situación que viven moitas familias despois do COVID-19.

Como colaborar

Os voluntari@s de Mos Axuda xa están dende o pasado sábado a traballar nunha gran recollida de alimentos polo que solicitan a axuda de todas as empresas e veciñanza, facendo unha doazón de alimentos antes do 20 de decembro.

As persoas interesadas en colaborar neste programa, poden avisar para que os voluntari@s pasen pola súa empresa, centro educativo… no día e hora que indiquen, a recoller as doazóns. Tamén poden entregalas no almacén de Mos Axuda, situado na Avd. de Puxeiros a Peinador, chamando anteriormente ó número de telefono 627 133 828.

Por outro lado traballan tamén no proxecto ningún nen@ sen agasallo: esta iniciativa solidaria está promovida polo Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, para que ningún desexo dun nen@ este Nadal quede sen facerse realidade. (O listado de nen@s é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais) trátase de mercar o regalo que aparece na carta do cativ@ e que posteriormente se entregue nas oficinas da Axencia de Colocación de Mos (Edificio administrativo na estrada Puxeiros a Peinador) antes do 30 de decembro, indicando no paquete o número da carta asignada.

Si desexa recibir unha destas cartas dun nen@ de Mos, pode solicitala a través do seguinte enderezo: mosaxuda@concellomos.es

Se vostede prefire realizar unhadoazón económica para a compra de alimentos e agasallos: pode facer un ingreso solidario no numero de conta que lle facilitarán os voluntarios de Mos Axuda.

Teléfonos de información de Mos Axuda: 627 13 38 28 – 670 88 37 30

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad