Sthela Táboas 02/12/2021

O proxecto do primeiro tramo da EP-2601, na parroquia de Mos, está acordado co Concello e suporá un investimento de case medio millón de euros

A Deputación remite tamén a planimetría do segundo tramo na parroquia de Dornelas para que o Concello consiga canto antes a necesaria cesión dos terreos

A Deputación de Pontevedra xa está en disposición de asinar o convenio co Concello de Mos para a licitación das obras do primeiro dos catro tramos para reformar a estrada provincial EP-2601 Mos-Puxeiros, de acordo co pactado cos responsables municipais e respondendo así  a unha demanda histórica dos veciñ@s da zona. O convenio xa foi remitido ao concello mosense, quedando a Deputación á espera de que o goberno municipal certifique a aprobación do mesmo para proceder a súa sinatura.

A Deputación invita ao Concello de Mos a comunicar á veciñanza que a institución provincial xa ten entregado o documento no consistorio co que agora, só depende da axilidade na tramitación municipal para que se poidan empezar as obras.

O proxecto técnico para este primeiro tramo ten un orzamento de 446.545 €, dos que a Deputación farase cargo dun 70% (312.582 €) e o Concello do 30% restante (133.963 €). Esta primeira fase abrangue dende o comezo da vía (PKm o+020) ata o PKm 0+600, coincidindo coa afectación do Camiño de Santiago. Na marxe dereita deste tramo atópase o acceso ao paseo fluvial e ao parque infantil e na marxe dereita está a igrexa de Santa Eulalia, a entrada ao albergue para as persoas que peregrinan e o aparcamento e parque do Pazo de Mos. Trátase, por tanto, dunha zona cunha forte presión peonil á que dará resposta esta actuación enmarcada no modelo de mobilidade integral, sostible, segura e coas persoas como prioridade que ven aplicando a Deputación na súa rede provincial de estradas.

As obras reforzarán a prioridade de paso para os viandantes coa execución dunha senda de 2,5 m de ancho mínimo dende a intersección do Camiño de Santiago, resolvendo todas as conexións cos equipamentos públicos. Ordearanse, por tanto, todos os espazos e renovaranse os pavimentos. A circulación rodada suavizarase coa colocación de redutores de velocidade e tres pasos de peóns sobreelevados para garantir a permeabilidade peonil.

A Deputación, que abordará a transformación total deste trazado de 5.678 m en catro fases ante a súa envergadura, espera contar coa lealdade institucional e coa colaboración do Concello de Mos en base ás condicións acordadas.

De feito, a institución tamén remitiu a Mos a planimetría do segundo tramo, na parroquia de Dornelas, para que o goberno municipal inicie canto antes a tramitación da necesaria cesión de terreos. A Deputación xa ten practicamente rematado o proxecto desta segunda fase, polo que agora só se está pendente da dispoñibilidade deses terreos para elaborar o segundo convenio. Os dous tramos seguintes desenvolveríanse ao paso da estrada polos núcleos de Torroso e Tameiga, seguindo o cronograma acordado, e sempre que o Concello acompañe no cumprimento das xestións de competencia municipal.

Nos últimos 6 anos, a institución provincial xa realizou obras de mellora da sinalización, instalación de pavimento de alta adherencia e pasos de peóns elevados na EP-2061, todas elas enmarcadas dentro do plan provincial ‘Móvese’. O resultado é que a sinistralidade nesta vía reduciuse ata un 65%, con respecto ao período anterior.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad