Con vistas ao seu remate cara mediados de febreiro estas actuación teñen un orzamento de 115.000 € financiado polo Plan Concellos 2021
A Concellería de Infraestruturas do Concello do Porriño, dirixida polo alcalde e funcións Pedro Pereira, informa do “bo ritmo de execución” das obras de proxecto de saneamento e pavimentación en Arrotea, na parroquia de Pontellas.
Os traballos comezaron o pasado día 15 de novembro e teñen un prazo de execución de 3 meses. Dispoñen dun orzamento de 115.000 €, financiado con cargo ao Plan Concellos 2021, da Deputación de Pontevedra.
As obras consisten na conexión dun colector principal de 450 m de lonxitude e dousramais, un de 120 m e outro de 64 m. Así mesmo está prevista a sustitución e pavimentación da vía principal e dos ramais.
Ademais, puntualiza Pedro Pereira “aproveitamos para prolongar a canalización da traída de auga potable de Lameira cara a Arrotea e para a renovación das tubaxes”.
O responsable de Infraestruturas explicou que o propósito final deste proxecto é “completar as conexións destes lugares coas redes de saneamento e abastecemento do Porriño, a fin de conseguir un todo harmónico e interconectado”.