![](https://porrinodigital.es/wp-content/uploads/2021/11/Porrino-entrega-composteiros.jpg)
Os veciñ@s solicitantes asisten en dúas quendas á charla divulgativa da man dun mestre composteiro e técnico superior de residuos do Concello
A Concellería de Medio Ambiente citou hoxe a unha parte dos solicitantes de composteiros para vivendas unifamiliares, que está a entregar o Concello do Porriño.
@s veciñ@s que se adxudican este lote de 50 composteiros acudiron ás instalacións do Multiusos de Torneiros, onde recibiron unha charla divulgativa para sacarlle o mellor rendemento as súas compostaxes a cargo de Emilio Rodríguez Cochón, mestre composteiro e técnico superior de residuos do Concello.
Mañá martes haberá unha segunda quenda, no mesmo lugar, para completar a información e entrega deste último lote de composteiros, correspondentes ao ano 2021.
“SOGAMA” cedeu eses 50 composteiros ao Concello do Porriño que se reparten entre os solicitantes tras o remate do plazo hai só uns días.