Sthela Táboas 26/11/2021

Sempre co visto bo de Eva García de la Torre e da concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, que tampouco poñen reparos ao uso dos vehículos oficiais do Concello por parte dalgúns dos seus axentes

Para ter un soldo de alcalde, abonda con facerse coa Xefatura da Policía Local do Porriño, xa que según os rendementos brutos do mesmo, no exercicio do 2020, recóllese a cantidade de 70.522,64 €. Unha nómina comparable coa do alcalde de Vigo, Abel Caballero con 70.775,46 € anuais e que supera á da alcaldía Porriño con 37.357 €.

Non hai que esquecer que, a maiores deste soldo anual, dispón as 24 h dun vehículo oficial – Megane RS 300 CV (renting de 50.578 €) con gastos incluídos- que utiliza fora da súa demarcación e para uso privado e persoal, pois a limitación das funcións, remata onde a demarcación do Porriño.

Entre os conceptos que engordarían tan altas retribucións atópanse o salario correspondente ao seu cargo de Inspector, sustitucións tanto de Interventor como de Secretario municipal, tribunais de oposicións, horas extras, nocturnidades, comparecencias xudiciais…

Este ano, a piques de rematar o 2021, coas horas extras que suman nas nóminas, parece que os rendementos anuais van polo mesmo camiño.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad