Sempre co visto bo de Eva García de la Torre e da concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, que tampouco poñen reparos ao uso dos vehículos oficiais do Concello por parte dalgúns dos seus axentes
Para ter un soldo de alcalde, abonda con facerse coa Xefatura da Policía Local do Porriño, xa que según os rendementos brutos do mesmo, no exercicio do 2020, recóllese a cantidade de 70.522,64 €. Unha nómina comparable coa do alcalde de Vigo, Abel Caballero con 70.775,46 € anuais e que supera á da alcaldía Porriño con 37.357 €.
Non hai que esquecer que, a maiores deste soldo anual, dispón as 24 h dun vehículo oficial – Megane RS 300 CV (renting de 50.578 €) con gastos incluídos- que utiliza fora da súa demarcación e para uso privado e persoal, pois a limitación das funcións, remata onde a demarcación do Porriño.
Entre os conceptos que engordarían tan altas retribucións atópanse o salario correspondente ao seu cargo de Inspector, sustitucións tanto de Interventor como de Secretario municipal, tribunais de oposicións, horas extras, nocturnidades, comparecencias xudiciais…
Este ano, a piques de rematar o 2021, coas horas extras que suman nas nóminas, parece que os rendementos anuais van polo mesmo camiño.