Mónica Romero 25/11/2021

O encontro reúne os nove socios do proxecto europeo Interreg Sudoe Livhes, no que está presente o AECT Rio Minho, e pretende falar da cultura como elemento de desenvolvemento local

O territorio do río Miño está a ser dende onte e ata mañá venres anfitrión da ‘I Mesa Transnacional De Valorización Do Patrimonio Cultural Inmaterial’ que conta con presenza de localidades galegas, portuguesas, españolas e francesas. O encontro reúne os nove socios do proxecto europeo Interreg Sudoe Livhes, no que está presente o AECT Rio Minho, e pretende falar da cultura como elemento de desenvolvemento local co obxectivo principal de crear unha Guía de valorización do patrimonio cultural inmaterial (PCI).

A mesa de traballo xorde tras finalizar a identificación e selección de boas prácticas ao redor da posta en valor do patrimonio cultura inmaterial. Pretende ser un foro para o intercambio e reflexión que ten como obxectivo crear unha guía práctica de valorización do PCI, aplicando unha metodoloxía común para a valorización do patrimonio inmaterial e unha estratexia adaptada a cada rexión participante e ás realidades dos distintos territorios do SUDOE.

Cada socio achegou ao proxecto dúas boas prácticas –una do propio territorio– para dispoñer dun amplo abanico de posibilidades de estudo sobre as medidas de mellora e a posta en valor de diversos patrimonios inmateriais para aprender deles. Tamén se construíron mapas de actores chave territoriais que xestionan, difunden e participan en diferentes manifestacións culturais relacionadas con festas, bailes, tradición oral ou artesanía que participan no proxecto achegando coñecemento e experiencia.

Ademais, os socios do proxecto LIVHES deseñarán oito plans de acción para a súa implementación a medio e longo prazo nos oito territorios participantes. A experimentación e avaliación deste tipo de metodoloxías de traballo verase apoiada mediante as oito experiencias piloto que axuden ao desenvolvemento económico dos territorios participantes, a través da valorización do PCI o seu salvagarda e transmisión e difusión do modelo no conxunto do Territorio SUDOE.

O proxecto foi aprobado na última convocatoria do programa Interreg Sudoe, que se enmarca no Eixo 5 ‘Medio ambiente e eficiencia de recursos’. Participan nove entidades de España, Francia e Portugal, e quere responder a unha necesidade europea e un reto territorial compartido polas áreas escasamente poboadas do sur europeo, entendendo ao Patrimonio Cultural Inmaterial ( PCI) recoñecido pola Unesco como ferramenta de desenvolvemento.

No caso do AECT, o seu proxecto para a valorización e transmisión do Patrimonio Inmaterial do Miño transfronteirizo denomínase ‘Os Tesouros Humanos Vivos’. A través desta iniciativa quérese recuperar a memoria cultural galego-portuguesa miñota, pór en valor este importantísimo patrimonio inmaterial, pero tamén garantir a súa transmisión ás novas xeracións, evitando que estes coñecementos desaparezan.

O estudo do PCI do Miño realízase en colaboración coa Asociación Cultural e Pedagóxica ‘Ponte… nas Ondas!’, que está a traballar na documentación da cultura inmaterial do río Miño Transfronteirizo, un territorio que non se subscribe a un estado, senón a dous, pero que mantén unha identidade propia e común por riba das delimitacións políticas establecidas. Algunhas das temáticas que se abordan son a pesca e o río, a lingua (o goianés), a vida na montaña, o xogo tradicional, a cantiga, festa e romaría, e a gastronomía.

Para falar de todas estas cuestións no I Encontro Transnacional participarán o técnico do AECT Luís María Ulloa; o profesor da UFP Álvaro Campelo; o xefe do servizo da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta Roberto Pena; o presidente da Asociaicón Oiueiro de A Guarda, Celso Fariñas; o director do Aquamuseu do rio Minho Carlos Antunes; a historiadora Natalia Jorge Pereira; e o presidente da Asociación Ponte… nas Ondas! Santiago Veloso Troncoso.

No proxecto de valorización do PCI, que durará ata a primavera de 2023, participan como socios o Pôle Métropolitain Pays de Béarn (FR), Diputación de Teruel, Diputación de Burgos (ES), Fundació Institut Català de Recerca en Patrimoni Cultural (ES), Município de Barcelos (PT), Universidad Pública de Navarra (ES), Institut Occitan de Cultura (FR) , Communauté de Communes Pyrénées Haut Garonnaises (FR), e o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Rio Minho (PT-ES). Todas estas entidades están representadas estes días no Encontro, xunto a outros participantes como a xefa do servizo de Museos do Goberno de Navarra, persoal do Museo da Olaría, asociacións de valorización do patrimonio cultural de Euskadi ( Berztolaris), e do Museo da Pesca de Palamós, convidados polos socios.

Interreg Sudoe é a iniciativa comunitaria relativa á cooperación transnacional suroccidental en materia de ordenación territorial e desenvolvemento rexional para o o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad