Metal e Folk Pagán danse cita este sábado 27 ás 21:30 h en As Pedriñas con entrada anticipada de 8 € e 10 € en taquilla
O grupo de metal pagán galaico “Mileth” ofrece un concerto na Sala Rebullón do Territorio Cultural das Pedriñas o vindeiro sábado 27 ás 21.30 h; e estarán acompañados polos irmáns do folk pagán, “Cuélebre”.
Cuélebre é un dos referentes do pagan folk underground europeo, formados en 2011 e con 3 álbumes de estudo dende 2015, súa participación en diferentes festivais e salas o longo e ancho de diferentes países lles converteron nun nome propio dentro da escea.
Rescatando letras e historias esquecidas da Iberia pre romana, dando voz e música a antigos ritos escritos en linguas tales como o celtíbero e o lusitano, ou ben escribindo as súas propias letras onde a conexión mais profunda coa natureza e as súas leis salvaxes cobran o maior dos protagonismos.
Estes bardos modernos mergúllannos nun universo sonoro propio, desdeñando o tan manido recurso de facer unha versión ou alterar cancións tradicionais, buscando sempre un novo paso sen esquecer a raíz primigenia da que provén o estilo.
Mileth é un grupo que practica metal pagán galaico, unha mestura entre metal extremo, folk e música tradicional galega. No 2019 presentan esta particular fusión no seu primeiro disco: Catro pregarias no albor da Lúa Morta, editado a través do selo ruso SoundAge Productions e do estatal Darkwoods.
A xénese destes “Fillos de Mil” remóntase ao ano 2009 na Mariña lucense, terra de onde emerxe a súa lírica enraizada nos místicos paisaxes do val do Xistral. Mais será uns anos máis tarde na cidade de Vigo onde o proxecto comeza a agromar devagar, mudando o seu son, inicialmente moi influenciado polo black metal melódico, cara unha música que mira ao folk e á tradición do seu país dende un prisma máis ecléctico dentro das diferentes ramas do metal, ao tempo que se van incorporando elementos recollidos da tradición oral, da mitoloxía e da historia antiga galega, que se suman ao costumismo e á paisaxe na temática da súa música.