Sthela Táboas 23/11/2021

O proxecto, desenvolvido pola dirección do IES de Mos, adáptase ao estudo das principais demandas de perfís laboráis das empresas do municipio elaborado por AEMOS

O Instituto de Educación Secundaria de Mos, recibíu onte a visita ao por parte do Secretario Xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira Lema, que acudiu acompañado do Xefe Territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, pola inspectora de Educación da zona, Teresa Fournol, e o inspector xefe, Manuel Torres.

O Secretario Territorial reuniuse coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; coa concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro; o xerente de AEMOS, Francisco Domínguez; o director do IES, Xurxo Collazo; a vice directora do IES de Mos, Azucena Matilde González; e membros da directiva da ANPA do IES, Sonia Vázquez e Óscar Mariño, presidenta e vicepresidente respectivamente.

O motivo da xuntanza é a posta en marcha en Mos dun FP Básico, vista a crecente demanda e necesidade por parte dunha importante porcentaxe do alumnado do Instituto que se adapta ao perfil de Formación Profesional. A previsión é de que esta formación poida iniciarse de cara ao vindeiro curso 2022-2023, para o que desde a Secretaría Xeral da Consellería de Educación da Xunta de Galicia manifestaron a súa vontade de colaboración co Concello, IES e AEMOS; xa que se trataría dunha educación teórico práctica na que intervirían activamente as tres entidades, incuíndo unha parte importante de formación e prácticas en empresas.

O proxecto de FP Básico presentado por parte do IES a Educación adáptase ao estudo das principais demandas de perfís laboráis das empresas do municipio elaborado por AEMOS, chegando á conclusión de que a Formación Profesional con maior saída en Mos sería a de Profesional Básico en Servizos Comerciais, centrada en Xestión Comercial, incluíndo operacións de almacenaxe e comercialización de mercadorías e que engloba desde auxiliar de dependente de comercio, auxiliar de animación do punto de venda, auxiliar de venda, auxiliar de promoción de vendas, empregad@ de reposición, operador  de cobro ou caixeir@, operari@ de pedidos, operador de carreta de recepción e expedición, contador de recepción e expedición e operari@ de loxística e auxiliar de información.

O IES de Mos é o único centro do municipio de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, e na actualidade están matriculados 655 alumn@s. A perspectiva, calculada sobre datos contrastados, é que no vindeiro curso a matrícula suba ata os 690 alumn@s; cobrando  importancia os estudos de Formación Profesional. Para poder adecuar a futura oferta de Ciclos, contouse coa Asociación de Empresarios de Mos para solicitar o ciclo que a industria demanda e facilitar así a empregabilidade dos futuros alumn@s, non só do IES de Mos.

A Formación Profesional Básica -FPB- forma parte das ensinanzas de formación profesional -FP- do sistema educativo. A FPB está dirixida aos alumnos que presentan algún tipo de dificultade na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e/ou queren encamiñarse á formación profesional. Os requisitos de acceso á mesma son os seguintes: ser propost@ polo equipo docente e contar coa autorización do pai, nai ou titor legal, cumprir 15, 16 ou 17 anos no ano de inicio da FPB, ter cursado 3º da ESO ou excepcionalmente 2º da ESO. De quedaren prazas vacantes, completaranse os grupos con alumn@s que fagan 18, 19 ou 20 anos e non teñan a ESO finalizada.

A Formación Profesional Básica que se pretende impartir en Mos é de Servizos Comerciais, cunha duración de 2.000 h repartidas en dous cursos académicos, e nas que se inclúen 320 horas de formación en empresas. Superada a FPB obtense o título “Profesional básico en servizos comerciais” que ten validez tanto académica como profesional. O alumnado de Formación Profesional Básica pode ademais acceder ao título de graduado en Educación Secundaria (ESO) mediante a superación da proba de avaliación final desta etapa.

Este título de Formación Profesional Básica: ten os mesmos efectos laborais có da ESO. Capacita para desempeñar funcións de “Nivel Básico de prevención de riscos laborais”. Permite o acceso directo a Ciclos Formativos de Grao Medio (con preferencia de acceso aos de perfil comercial). O perfil laboral dos alumnos oriéntase a empresas de distribución comercial, departamentos comerciais e almacéns de empresas, retalistas (tendas, supermercados, hipermercados e grandes superficies comerciais).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad