Mónica Romero 23/11/2021

A obra, dirixida a público familiar, recibiu o premio FETEN 2020 á Mellor Proposta dun Clásico

Este venres prosegue a programación de Outono no Teatro Municipal de Tui, coa penúltima proposta deste ciclo. Será coa compañía La Canica e a representación de “Orfeo”, un espectáculo polo que recibiron o Premio “Mellor Proposta dun Clásico” en FETEN 2020, a Feria Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas. O espectáculo comezará ás 19:30 h

Dúas actrices, Daniela Saludes e Esther Blanca, escenifican o mito de Orfeo e Eurídice con monicreques, sombras, obxectos e outros recursos teatrais. Unha posta en escena que combina o relato poético nas voces das dúas actrices, o xogo teatral dos diversos protagonistas da historia, a expresividade dos obxectos e o poder evocativo da música. Pablo Vergne é o autor e director da obra, recomendada a partir dos 5 anos.

Orfeo é un mozo grego cuxa música é quen de aplacar tormentas, mover as pedras e amansar as bestas salvaxes. Eurídice é unha nova ninfa protectora dos bosques e a natureza. Un día ambos namoran. Pero a súa felicidade non dura moito tempo. Unha mordedura de serpe mata a Eurídice. Abatido, Orfeo decide baixar aos infernos na busca da súa amada.

As entradas están á venda en www.tui.gal até dez minutos antes do comezo do espectáculo, aos prezos de 4€ e 3€.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad