Sthela Táboas 18/11/2021

Así de contundente é o anuncio de asamblea por parte de EU Son para o vindeiro domingo

Unha vez aceptadas as condicións que o grupo EU Son Porriño lle entregou  ao PP para o apoio á moción de censura, o Consello convoca a Asemblea de militantes e simpatizantes para o domingo 21 ás 11.30 h.

Dado que “o PSOE non da o brazo a torcer e non acepta a dimisión de Eva García de la Torre, incluida na proposta de EU Son, non queda outra alternativa que apoiar do PP”.

Neste encontro, o único punto da orde do día será a ratificación das condicións á moción a presentar polo Partido Popular e xa aceptadas por este.

Dende EU Son afirman “unha vez máis e de xeito tallante que a única alternativa á moción é a dimisión da alcaldesa. Non se pode esixir que deixe a súa acta pero sí que non teña ningún tipo de responsabilidade no goberno
municipal”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad