Sthela Táboas 18/11/2021

Ademáis hai que sumarlle 2.670 € en nocturnidade, 480 € en concepto de comparecencia aos xulgados, e 234,25 € de xornadas extraordinarias por necesidade urxente

A Policía Local do Porriño, con 15 axentes en activo, facturou no mes de outubro un total de 8.757,18 € € en horas extras, pois no informe do Xefe da Policía Local indica que “non é posible a compensación por tempo libre”.

Xunto cos demáis argumentos aportados en dito informe para o cálculo das nóminas dos axentes, e tendo a aprobación da concelleira de Seguridade e da alcaldesa, para a Intervención Municipal é DESFAVORABLE o abono de ‘gratificacións por servizos extraordinarios realizados polo persoal funcionario da Policía Local no mes de outubro, para a súa inclusión na nómina de novembro de 2021’. Pero a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, levantou o reparo ordeando o pago.

Deste xeito, a maiores do soldo establecido, en novembro os axentes sumarán nas súas nóminas entre os 1.816,26 € o que máis, e os 187,16 € os que menos. Con concepto similar pero sen ser o mesmo, é a cantidade de 234,25 € que se crea da suma de ‘xornadas extraordinarias por necesidade urxente’.

Por outra banda, dende a Xefatura informouse que os axentes realizaron 89 noites en total, o que supón unha cifra de 2.670 € que se reparten en cada nómina por turno realizado entre ás 22.00 h e as 06.00 h, xa que aínda contando tamén co informe de Intervención DESFAVORABLE en canto á ‘Gratificación por realización da quenda de noite na policía local. Nómina de novembro de 2021’. Novamente, a rexidora porriñesa levanta o reparo ordeando o seu abono.

Pero a maiores, os axentes da Policía Local do Porriño, teñen unha compensación polas citacións xudiciais que vai dende os 40 € se son locais, aos 80 € se teñen que acudir fora do municipio. Dada conta que os demáis corpos de seguridade axustan os seus cadrantes, acordes coas citacións para acudir en horas de servizo; aínda se entende menos ao saber que se desplazan en vehículo oficial, o que non lles supón gasto algún.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad