Carla Godoy Magalhaes e Nicolás Freiría Casal representarán ao Consello municipal da infancia e adolescencia do Porriño no foro de participación infantil e adolescente
Mañá martes 16, celebrarase no Parlamento de Galicia o Foro de Participación Infantil e Adolescente. Este encontro, organizado polo Parlamento autonómico e o Comité de Unicef Galicia, celébrase anualmente para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia.
Carla Godoy Magalhaese Nicolás Freiría Casal, serán os dous representantes da infancia e adolescencia porriñesa que asistirán no Parlamento de Galicia, ao Foro de Participación Infantil e Adolescente.
Rapaces de toda a Galicia que forman parte dos Consellos municipais da Infancia e adolescencia trasladarán, aos grupos políticos do Parlamento e ao goberno da Xunta de Galicia, as propostas que estiveron deseñando o pasado mes de outubro no encontro autonómico.
A temática deste ano é o ‘Medio Ambiente’ e as propostas da mocidade, versan sobre as posibles actuacións que debe levar a cabo o goberno autonómico, para que Galicia sexa unha comunidade máis sostible.