Sthela Táboas 04/11/2021

As causas ás que se refire son as do contrato do lixo e do Tribunal de Contas do Reino

A alcaldesa do Porriño, Eva García, celebra dúas decisións xudiciais que acaban de coñecerse esta semana e que “veñen avalar actuacións do goberno municipal que ela preside”. Por unha banda “o TACGAL avalou ao Concello na concesión do contrato de recollida de lixo no último concurso”; e por outra banda “o Tribunal de Contas do Reino rexeitou, por terceira vez, a pretensión do portavoz municipal do PP de esixir responsabilidades económicas por contratación irregular”.

En referencia ao contrato do lixo, esta semana recibiuse a resolución do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Contratación de Galicia (TACGAL) que avala a adxudicación realizada pola mesa de contratación a favor da firma ‘Servizos dos Concellos Galegos’. O TACGAL desestima o recurso presentado por ‘Ascan Servicios Urbanos’ “levantando así a suspensión que impedía a sinatura do contrato e a incorporación do novo adxudicatario”.

En canto ao Tribunal de Contas do Reino, Eva García declarouse “moi satisfeita” nada máis coñecer a resolución do arquivo por terceira vez á denuncia do voceiro municipal do PP, Alejandro Lorenzo. Este auto emitido o pasado 27 de outubro “volve confirmar a doutrina xurídica de que non procede abrir unha causa xeral a esta alcaldesa, como sostén o voceiro do PP porriñés”, afirmou a rexedora.

O Tribunal de Contas do Reino “volve dicir ao portavoz do PP e, de paso, tamén ao titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, que unha cousa é que haxa unha incorrección administrativa en materia de contratación e, outra moi diferente, é que esta incorrección dé lugar a ter causado danos ao Concello e que, en consecuencia, se nos podería esixir unha responsabilidade patrimonial”, valorou Eva García.

A alcaldesa anunciou que trasladará este terceiro pronunciamento do Tribunal de Contas ao xulgado do Porriño que instrúe a causa dos desbroces “e espero que tamén produza as súas consecuencias”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad