Sthela Táboas 03/11/2021

Os utilitarios cunha antigüidade mínima de 25 anos dispoñen dun 50% de bonificación e con esta nova medida os vehículos menos contaminantes acadarán un 75%

O Concello de Salceda de Caselas aprobou por unanimidade no Pleno da Corporación do pasado xoves, a modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, para incluír unha bonificación do 75% para os vehículos máis eficientes, os de cero emisións e os cualificados ECO.

Esta bonificación do 75% afectará durante toda a súa vida útil aos vehículos máis eficientes enerxéticamente, os cualificados co distintivo ambiental cero emisións. Neste grupo están incluídos os eléctricos de batería (BEV), os eléctricos de autonomía entendida (REEV), os eléctricos híbridos enchufables (PHEV) cunha autonomía de 40 km ou máis ou os vehículos de pila de combustible.

Tamén serán bonificados durante os 5 primeiros anos dende a data de matriculación os vehículos co distintivo ambiental etiqueta ECO. Nesta categoría están incluídos os híbridos enchufables con autonomía inferior a 40 km, os híbridos non enchufables (HEV), os propulsados por gas natural e gas (GNC e GNL) ou os que empreguen gas licuado do petróleo (GLP).

Esta bonificación súmase á xa existente do 50% na cota do imposto para os vehículos cunha antigüidade mínima de 25 anos contados a partir da data de fabricación.

A modificación da ordenanza é unha das medidas do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), aprobado no 2020, logo de que o Concello de Salceda de Caselas se adherira ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía no 2019.

A concelleira de Facenda, Lucía Pereira, indicou que “con esta fórmula buscamos incentivar a compra e o uso de vehículos máis sostibles e respetuosos co medio ambiente, na que debe ser unha transición cara a un futuro no que a totalidade dos vehículos sexan cero emisións, reducindo así a emisión de gases de efecto invernadoiro á atmosfera”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, subliñou que “con estas bonificacións na cota do Imposto sobre vehículos de Tracción Mecánica, xunto con outras accións que estamos poñendo en marcha, cumprimos cos compromisos adquiridos na sinatura do PACES e imos camiñando cara un futuro máis sostible”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad