Mónica Romero 29/10/2021

Carmela Silva tacha de intolerable que “a Xunta presuma sin rubor de aumentar a asistencia ao fogar a 11 euros a hora cando os custos que supón esta prestación para os concellos aumentaron unha media de 18 euros e nalgúns casos ata 22 euros”

A Deputación de Pontevedra dá un paso máis na súa política social ao aprobar hoxe en Xunta de Goberno unha addenda ao convenio con 46 concellos de menos de 20.000 habitantes para prestar o servizo de teleasistencia domiciliaria. A presidenta Carmela Silva informou que a addenda fará que o servizo, que a día de hoxe da cobertura a case 700 usuarias e usuarios, chegue “a todas as persoas da provincia que o precisen” e fixo especial fincapé no mundo rural onde a poboación “está moi envellecida e, ademais, moitos deles e delas viven soas”.

Esta aprobación incorpora novidades á asistencia domiciliaria ao incluír a posibilidade de que accedan a ela persoas que viven con familiares pero que “están moito tempo soas durante o tempo que estas e estes traballan”. Ademais, amplíanse os tramos de renda para que máis persoas poidan acceder a un servizo que a presidenta provincial cualificou de “relevante” posto que “permite que as e os máis vulnerables (como as e os maiores, as que teñen dependencia ou están en situación de risco) teñan á súa disposición un botón que moitas veces significa, incluso, salvar a vida”.

Carmela Silva lembrou que este servizo tamén está en fase de licitación dun novo contrato que traerá consigo novidades que farán que “nos poñamos nos novos tempos para a prestación da teleasistencia avanzada”. Con estas palabras a presidenta provincial fixo referencia á adaptación do servizo ás novas tecnoloxías, co control de detectores de fume e gas, e a prestación do mesmo a aquelas persoas que carezan de teléfono fixo, ata o de agora indispensable, substituíndoo polo uso dun terminal móbil. As empresas que queiran optar ao contrato poden presentar as súas ofertas ata o 19 de novembro.

Chamada de atención á Xunta

Carmela Silva tachou de “intolerable” o comportamento da Xunta en relación á política social e ao reparto de recursos “de todo o que ten que ver coa dependencia e con apoiar ás persoas que a sofre e a padecen”. Recordou que “a Xunta é a quen ten as competencias e están facendo que os concellos, que non as teñen, asuman os custos facendo que moitas veces non se poidan prestar outros servizos que si son competencia municipal”.

Nese senso, a presidenta provincial puxo como exemplo que dende o goberno autonómico “están a vender estes días que van a aumentar os recursos para a asistencia no fogar a 11 euros a hora, alardeando incluso de que subirán en 2023 a 11,5 euros e chegar aos 12 euros en 2024 cando os custos que supón esta prestación para os concellos aumentaron unha media de 18 euros e nalgúns casos incluso 22 euros”. “¿Como poden presumir, engadiu, cando amais os fondos que pon a Xunta proveñen do Goberno do Estado? É inaudito, afirmou, non poñen nin un euro e, sen embargo, os concellos teñen que poñer unha vez máis recursos propios sen ter competencias, nin financiación”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad