Sthela Táboas 28/10/2021

Aprobada por maioría absoluta a moción de reprobación a Eva García de la Torre tras o acontecido a pasada semana nun Pleno Extraordinario

No último Pleno extraordinario, a voceira Patricia Sío Bacelo acusou á alcaldesa de mentir no seu alegato a un punto alleo á orde do día, así como de faltar á verdade de xeito sistemático nas súas declaracións públicas. O termo “mentirosa” usouse para describir a súa actuación política.

Eva García de la Torre, e non é a primeira vez, cualificou de “insulto” un adxectivo utilizado pola concelleira Patricia Sío, expulsándoa a continuación do Pleno, reclamando a presencia da policía municipal.

Pois ben, a Real Academia Galega “reserva o termo ‘insulto’ para as palabras que ofenden gravemente, non para as que pretenden describir unha realidade”.

O Grupo municipal Eu Son do Porriño cree que “a expulsión débese ao desexo de censurar unha exposición que contradicía as súas falsedades; acto que constitúe unha grave vulneración dos dereitos de representación da cidadanía, o dereito de expresión e de participación nos plenos por parte dunha representante política.

Inciden en que “é tamén un atentado ao funcionamento democrático da Corporación, agravado porque non é a primeira vez que se produce unha situación similar e, Patricia Sío Bacelo, xa foi expulsada do pleno ou viu coartado o seu dereito á palabra por parte da Alcaldesa quen, por outro lado, usa de xeito reiterado unha linguaxe e expresión de desprecio cara a ela”.

Con independencia de que a concelleira poida exercer o seu dereito á tutela xudicial ante as instancias oportunas tras o acontecido no pasado Pleno Extraordinario do 22 de  outubro,EU Son do Porriño-Son en común presentou esta moción no Pleno Ordinario celebrado onte, ao que Eva García non asistíu, aprobándose por maioría absoluta reprobar á alcaldesa. O acordo tivo os votos en contra do PSOE mais BNG, que aproban a conduta da rexedora.

Así, o Pleno acordou:

1.- Reprobar á señora alcaldesa, Eva García de la Torre, polos feitos anteditos, consuitivos dunha conduta antidemocrática e impropia do seu cargo.

2.- Que se informe do presente acordo e se dea traslado aos medios de comunicación para a súa publicación e difusión (Radio, Prensa, Redes Sociais).

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad