Aprobada por maioría absoluta a moción de reprobación a Eva García de la Torre tras o acontecido a pasada semana nun Pleno Extraordinario
No último Pleno extraordinario, a voceira Patricia Sío Bacelo acusou á alcaldesa de mentir no seu alegato a un punto alleo á orde do día, así como de faltar á verdade de xeito sistemático nas súas declaracións públicas. O termo “mentirosa” usouse para describir a súa actuación política.
Eva García de la Torre, e non é a primeira vez, cualificou de “insulto” un adxectivo utilizado pola concelleira Patricia Sío, expulsándoa a continuación do Pleno, reclamando a presencia da policía municipal.
Pois ben, a Real Academia Galega “reserva o termo ‘insulto’ para as palabras que ofenden gravemente, non para as que pretenden describir unha realidade”.
O Grupo municipal Eu Son do Porriño cree que “a expulsión débese ao desexo de censurar unha exposición que contradicía as súas falsedades; acto que constitúe unha grave vulneración dos dereitos de representación da cidadanía, o dereito de expresión e de participación nos plenos por parte dunha representante política.
Inciden en que “é tamén un atentado ao funcionamento democrático da Corporación, agravado porque non é a primeira vez que se produce unha situación similar e, Patricia Sío Bacelo, xa foi expulsada do pleno ou viu coartado o seu dereito á palabra por parte da Alcaldesa quen, por outro lado, usa de xeito reiterado unha linguaxe e expresión de desprecio cara a ela”.
Con independencia de que a concelleira poida exercer o seu dereito á tutela xudicial ante as instancias oportunas tras o acontecido no pasado Pleno Extraordinario do 22 de outubro,EU Son do Porriño-Son en común presentou esta moción no Pleno Ordinario celebrado onte, ao que Eva García non asistíu, aprobándose por maioría absoluta reprobar á alcaldesa. O acordo tivo os votos en contra do PSOE mais BNG, que aproban a conduta da rexedora.
Así, o Pleno acordou:
1.- Reprobar á señora alcaldesa, Eva García de la Torre, polos feitos anteditos, consuitivos dunha conduta antidemocrática e impropia do seu cargo.
2.- Que se informe do presente acordo e se dea traslado aos medios de comunicación para a súa publicación e difusión (Radio, Prensa, Redes Sociais).