A “nai de todas as feiras” da Euro Rexión Galiza-Norte de Portugal está de volta do 31 de outubro ao 2 de novembro con máis de 400 postos
A Feira Romería dos Santos de Cerdal en Valença, despois dun ano de parón debido á pandemia Covid-19, volve á rúa do 31 de outubro ao 2 de novembro; con máis de 400 postos, a “nai de todas as feiras” está de volta para recibir a miles de visitantes.
A Feira dos Santos é o evento de outono por excelencia na Euro Rexión Galiza-Norte de Portugal, recibindo tanto portugueses como españois en perfecta armonía, nunha tradición común que os séculos non fixeron mermar.
A Feira dos Santos non é unha feira común, non é unha feira convertida en festa, non é só unha feira máis; é unha feira con personalidade propia, que carga ás costas séculos de historia e tradición. Ten a capacidade de congregar un conxunto moi amplo de saberes, tradicións e rituais, organizados ao longo do ano, que temen perder, dada a dificultade cada vez maior na súa preservación e transmisión para as xeracións futuras.
Roupa, menaxe, calzado, as tascas, o gando bovino, caprino e ovino, os produtos do campo, as maquinarias agrícolas, os parques de diversións e unha infinidade doutros atractivos prometen facer as delicias dos visitantes.
Feira dos Santos e dos Trocos
Este ano a feira regresa con tres días de festa, de 31 de outubro a 2 de novembro. O día 1 de novembro (Día dos Santos) é o evento principal, e o día 2 de novembro é a Feira dos Trocos. Así se mantén a tradición de mudar os produtos adquiridos na véspera que, por algunha razón non serviron.
Os Famosos Perícos dos Santos
Unha das marcas da feira son os froitos da época, sobre todo cos famosos Perícos dos Santos. Os perícos, semellantes a unha pequena pera, son típicos de Valença e ten no concello, para alén da súa orixe, as maiores áreas de produción. A par dos perícos, as castañas crúas ou cozidas, as noces e os caquis fan as delicias de quen aprecia estes os produtos.
A Tradición dos Petiscos e Desgarradas
Manda a tradición que nas noites de 31 de outubro e 1 de novembro, a Feira dos Santos é o destino para probar os viños novos e saborear os pinchos locais como os rojões, as moelas, as bifanas e o bacallau, entre moitas outras receitas. Nas tascas anímanse as noites, ao son dos concertos nos que se liberan cantigas desgarradas.
Carreiras de Garranos
Na Pista das Carreiras os xinetes mostran a beleza do no seu cabalo, o Garrano. Os emblemáticos cabalos garranos dan un color especial á feira do gando que contará, con animais bovinos, caprinos e ovinos e unha ampla área de maquinaria agrícola. As carreiras de cabalos serán o día 1, a partir das 14.30 h (hora lusa).