Sthela Táboas 27/10/2021

A mala previsión do tempo fai cambiar a data de ambos eventos previstos para este fin de semana, pasando o Samaín ao venres e a festividade do millo para o domingo, 5 e 7 de novembro respectivamente

O Concello de Salvaterra decide aprazar a tarde infantil de samaín para @s máis cativos no Parque Público A Canuda ao próximo venres 5 de novembro.

Lembramos que os grupos son de 10 persoas, que a idade recomendada é de 5 a 16 anos, pero poden asistir todo tipo de idades. Os menores de 8 anos terán que vir acompañados. Haberá varios pases ás 17:30 h, 18:30 h e 19:30 h.

Para esta actividade é preciso inscrición previa no correo: animacion@concellodesalvaterra.org desde o 28 de outubro ao 3 de novembro.

Por outra banda, a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro vese na obriga de suspender a súa festa da recolleita e esfollada do millo, debido ás inclemencias meteorolóxicas previstas para esta fin de semana.

A nova data escollida por dita asociación é o vindeiro 7 de novembro. Esta festa terá lugar na  área recreativa do Muíño da Ponte, ubicada en Corzáns, Salvaterra de Miño. Comenzarán a mañá coa súa popular recollida do millo, acompañados polo grupo Naiama.

Durante a sesión vermut o grupo Efémeras será o encargado de entreter ao público. Pola tarde, contarán con EvenTiño’s para animar aos máis cativos e con Sons das tabernas para os maiores. Para finalizar realizarase un gran magosto de balde para todos os asistentes.

Ademáis, poderase degustar diferentes variedades gastronómicas como callos, churrasco, polbo e diversos postos de comida e artesanía.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad