Sthela Táboas 27/10/2021

A Comunidade de Montes de Tameiga crea un viveiro de empresas nunha das grandes instalacións do polígono de Monte Faquiña para propiciar o desenvolvemento da pequena empresa familiar

A comunidade anuncia que se pecharon as negociacións para que dous novos proxectos empresariais relacionados coa alimentación se desenvolvan en Monte Faquiña, ambos aparellados de importantes inversións que xerarán postos de traballo

A Comunidade de Montes de Tameiga quere fomentar as iniciativas emprendedoras da veciñanza da parroquia constituíndo un viveiro de empresas radicado nunha das grandes instalacións industriais do polígono Monte Faquiña.

Nestas instalacións ofreceranse unhas condicións especiais para que estes proxectos empresariais veciñais poidan madurar. Espazo a medida, aluguer reducido e electricidade incluída a baixo coste, grazas as placas fotovoltaicas instaladas pola Comunidade de Montes nos tellados de varias naves industriais.

Este proxecto será presentado e explicado con detalle na nova xuntanza do “Comité Consultivo de Monte Faquiña”, que se celebrará este venres 29 de outubro no auditorio do centro social As Pedriñas, en Tameiga.

O comité consultivo está formado por representantes das empresas aloxadas no polígono, d@s veciñ@s de Tameiga e das administracións local e provincial, e ten como obxectivo recoller as propostas para mellorar o polígono e adecualo ás necesidades tanto das empresas usuarias sen prexuizo da calidade de vida da veciñanza aledaña.

Ademais desde a Comunidade de Montes de Tameiga anuncian que hai dúas novas empresas relacionadas coa alimentación instaladas no polígono industrial de Monte Faquiña e que ambos proxectos industriais conlevarán importantes inversións e a creación de postos de traballo.

Sinalan que nestes intres acadouse a taxa máis alta de ocupación e actividade na historia do polígono de Monte Faquiña; aínda así, dende a xunta reitora da comunidade indican que seguen traballando para acadar unha ocupación total do polígono e obter así, o máximo rendemento, xa que os mesmos redundan nunha maior obra social e cultural da comunidade. “Estamos en contacto con dúas grandes empresas para que se instalen no parque industrial de Monte Faquiña e agardamos pronto frutifiquen as negociacións. Hai máis peticións para instalarse no noso polígono, pero buscamos empresas que non impliquen unha perda da calidade de vida da veciñanza porque xeren excesivo tráfico pesado ou contaminación” explica César Lago, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad