Sthela Táboas 26/10/2021

Patricia Sío foi expulsada do salón municipal por segunda vez, tras definir a rexidora como ‘mentirosa’, impedíndolle deste xeito exercer os seus dereitos ás concelleiras

No Pleno Extraordinario celebrado o pasado venres 22 de outubro, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, botou da sala a Patricia Sío Bacelo “nun novo episodio de autoritarismo e ignoracia”.

O motivo de dita expulsión foi o de cualificala como “mentirosa” e non retiralo, reclamando a rexedora a presenza da Policía Local. O “atrevemento” chegou a tal punto de consutlar ao secretario municipal “¿Le podemos abrir un expediente para que no vuelva nunca más al Pleno?”

Dende EU Son do Porriño “temos claro que non, que non pode expulsar a ningún membro da Corporación por dicir que é unha ‘mentirosa’, porque é un feito constatado que falta á verdade reiteradamente. Tampouco pode abrir ningún expediente, e menos  privar a unha concelleira de exercer o seu labor de crítica, control e fiscalización do goberno municipal”.

As concelleiras de EU Son “como representantes públicas e parte da oposición, non imos calar e imos seguir poñendo diante deste goberno un espello, guste ou non. Non imos consentir máis faltas de respeto, actitudes dictatoriais e desvaríos”.

Dende o grupo subliña que “unha persoa que non está en condicións para exercer o cargo, non vai anular á oposición mentres cala ante posibles abusos policiais, xa que está envolta en múltiples e graves irregularidades sendo investigada por varios delitos”. Ademáis manteñen que “PSdG e BNG son responsables desta situación, os primeiros sosteñen a peor alcaldía da historia do Porriño e os segundos calan e gobernan con ela”.

Dende EU Son “exerceremos todas as accións legais oportunas ante este, como mínimo, atropelo á democracia”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad