Sthela Táboas 25/10/2021

A mestra adicou 15 anos da súa docencia á coordinación da biblioteca escolar de Salvaterra ata a súa xubilación

O pasado venres tivo lugar no CEIP de Leirado un acto de recoñecemento ao traballo da persoa que, durante 15 anos, liderou o equipo de biblioteca do centro, incluída no Plan LIA-2.

Ao acto asistiron o Xefe Territorial de Educación da provincia de Pontevedra, César Pérez Ares; a alcaldesa do Concello de Salvaterra, Marta Valcárcel; o Inspector Xefe Manuel Torres; o Inspector do centro, Carlos Antuña; o asesor de Bibliotecas Escolares de Galicia, Francisco Díaz; e a asesora do CFR de Vigo, Carmen Vaz acompañando ao alumnado, profesorado e equipo directivo do centro.

Neste acto, a Comunidade Educativa do centro agradecía a oportunidade dada pola Administración Educativa de formar parte dos centros incluídos no Plan LIA-2, e do traballo realizado por quen fora coordinadora da biblioteca escolar ata o momento da súa xubilación, Aurora Ramilo, e que a situaron na vangarda dos espazos educativos. Unha biblioteca con todos os recursos necesarios para adaptarse ás novas formas de informarse e aprender, e con recursos para todo tipo de actividades, intereses e capacidades.

Neste acto descubriuse unha placa conmemorativa que nomea á biblioteca do centro como “Biblioteca Aurora Ramilo”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad