Sthela Táboas 22/10/2021

“Nidia Arévalo confunde cuestionar a legalidade de certos procedementos, con ataques a Mos” subliñan os socialistas mosenses

Tras a publicación dunha entrevista feita a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, na que según informa o PSdeG-PSOE do municipio “tratouse o tema do Celta e tamén se cuestionou a autoridade da Directiva da Comunidade de Montes de Tameiga dentro da parroquia; ademáis a rexidora lanzou acusacións sobre concellos limítrofes e administracións que están gobernadas polo PSOE coma é o caso do Ministerio de Fomento”.

As dificultades cas que se está atopando o Concello de Mos e o Celta para continuar co proxecto, débense a que dito proxecto ten que cumprir a lexislación vixente, para os socialistas mosenses unha cuestión que “a alcaldesa parece non entender. Nidia Arevalo pretende ocultar que o Ministerio de Fomento puxo o foco en cuestións que non estaban previstas ou ben previstas no proxecto, e por iso contan cun informe desfavorable. Así coma que hai unha sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo que estimou o recurso presentado pola Comunidade de Montes de Tameiga, e que cuestiona a legalidade das licenzas otorgadas para as construcións das instalacións existentes”. Por tanto, os socialistas queren resaltar que “o ditame da maxistrada ven motivado por entender que as licencias se outorgaron de xeito indebido, sen que nada teñan que ver outros concellos e administracións”.

A voceira socialista, Victoria Alonso matiza que “a resposta culpando a partidos da oposición e outros concellos ven provocada polo nerviosismo da alcaldesa de querer botar balóns fora por actos legalmente cuestionables, o aprobar as instalacións actuais sin ter un plan de dotacións e infraestruturas en solo rústico”.

Alonso engade que “parece mentira que a rexedora non faga autocrítica e pretenda culpabilizar a todos menos asumir a súa culpa, que é quen toma estas decisións”. Tamén quere recordarlle que “cuestionar a autoridade dunha directiva é un ataque a democracia, xa que os actuais membros foron escollidos pola parroquia”. A concelleira socialista finaliza dicindo que “deixe de gastar o diñeiro público en pelotazos urbanísticos e que se poña a investir en cuestións que a veciñanza están reclamando, así coma deixar de esforzarse por xerar divisións entre os veciñ@s, a arma empregada polo Partido Popular”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad