Sthela Táboas 21/10/2021

O recadado irá destinado á investigación de Síndrome de Rett, unha enfermidade ‘rara’ que afecta maioritariamente ás nenas e causa pérdida progresiva de habilidades motoras e da fala

O Concello de Salceda de Caselas súmase a iniciativa “Kilómetros de investigación”, unha ruta solidaria de apoio á investigación do Síndrome de Rett, que sairá do concello o vindeiro luns 25 de outubro e chegará de novo a Salceda o sábado 30 de outubro.

Esta iniciativa parte de 9 veciños de Salceda de Caselas afincados todos eles, por diversos motivos e coincidencias no barrio da Feira, e que se puxeron en contacto co Hospital Sant Joan de Déu en Barcelona, para que os autorizase a levar a cabo a iniciativa, e así recadar fondos para investigación do Síndrome de Rett.

O síndrome de Rett é un trastorno xenético neurolóxico e do desenrolo, pouco frecuente, que afecta á forma en que se desenvolve o cerebro, e que causa pérdida progresiva de habilidades motoras e da fala, afectando principalmente as nenas.

Estos nove amigos e veciños de Salceda queren percorrer preto de 1.500 km entre Galicia, Castela-León, Cantabria e Asturias, saíndo de Salceda de Caselas o luns día 25 de outubro, visitando os concellos de A Rúa, La Bañeza, Aguilar de Campoo, Santillana del Mar, Pola de Siero, Ribadeo, Ortigueira, Betanzos, Rianxo e Lalín, e chegando de novo a Salceda o sábado día 30 de outubro. Serán máis de 25 h de rodaxe esperando que cada km percorrido axude a difundir e a recadar o máximo posible para esta nobre causa.

No hospital Sant Joan de Déu Barcelona, co que colaboran, lévase a cabo a investigación de moitas enfermidades raras ou pouco comúns, entre elas está a línea de investigación do Síndrome de Rett, para a cal se destinará toda a recadación desta aventura de “Kilómetros de investigación”.

A presentación celebrouse este xoves pola tarde, diante da casa do Concelllo, onde os organizadores estiveron acompañados polo equipo de goberno e pola veciñanza, que quixo acercarse a dar todo o seu apoio a esta causa.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad