Mónica Romero 20/10/2021

O Concellode Salvaterra de Miño recibe a visita de Cándido Carrera tras un fito histórico do deportista local

Cándido Carrera, o copiloto Salvaterrense que ven de acadar o 3º posto no Rally RACC Catalunya- Costa Daurada do Mundial de Rallies con Dani Sordo, converténdose no séptimo copiloto Español da historia en facer pódium nun Mundial (primeiro Pontevedrés), visitiu hoxe á Alcaldesa do Concello, Marta Valcárcel Gómez, e ao Concelleiro de Deportes Edgar Martínez Philippon na Casa do Concello.

Este encontro prodúcese no momento máis doce da carreira do copiloto, xa que tras a recente incorporación como compañeiro de Dani Sordo, os froitos non se fixeron agardar, logrando o seu primeiro pódium nun Mundial, pondo aos seus veciños e veciñas pendentes de todas as canles de televisión, cheos de ledicia e orgullo cos resultados obtidos.

En verbas da Rexidora local, “é un orgullo como Alcaldesa que un dos nosos deportistas sexa o exemplo tanxible de que o éxito é posible con traballo e esforzo, ademais de modelo a seguir para os máis cativos: agora en Salvaterra, tamén se soña con chegar a ser como Cándido Carrera”.

Pola súa parte Edgar Martínez di que “ nestes tempos tan complexos derivados dunha crise sanitaria mundial que afecta de xeito moi directo tamén ao deporte, están saíndo outros deportistas locais ademais de Cándido con resultados moi importantes a nivel nacional, polo que fala moi ben dos hábitos saudables e disciplinados dos nosos e das nosas deportistas”.

Así mesmo, O Concello agradece a Cándido o tempo e a conversa mantidos, desexándolle sorte e novos éxitos na súa carreira, esperando dar máis novas coma esta en pouco tempo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad