Mónica Romero 19/10/2021

O obxectivo do proxecto “Visit Río Minho” é a capitalización do río e do territorio adxacente a través de actividades transfronteirizas preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos

O Concello de Salvaterra de Miño a través da AECT Río Miño e en colaboración coa Deputación de Pontevedra é beneficiario do proxecto “Visit Río Minho”, un proxecto ecoturístico, financiado un 75% por fondos europeos e que conta cun orzamento total de 2 millóns de euros que están sendo  investidos na preservación e valorización do territorio Río Miño transfronteirizo, o cal abarca 26 municipios galegos e portugueses.

O obxectivo de ” Visit Rio Minho” é a capitalización do río e do territorio adxacente a través de actividades transfronteirizas preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos asociados á promoción e comunicación do río como destino turístico, e dentro das diferentes accións a realizar está a replantación de especies autóctonas na Illa Fillaboa, co fin de potenciar o aproveitamento das condicións naturais da Illa Fillaboa.

A través desta acción preténdese mellorar a vexetación do propio entorno e convertela nun referente de aprendizaxe do medio ambiente, pasando a ser unha visita obrigada en Salvaterra para todos os que desexen gozar da natureza do río Miño e a súa contorna. Replantación que   complementa o resto de acción  que se levarán a cabo dentro do Proxecto Europeo Río Miño destino navegable, que busca por en valor o entorno do Miño dunha forma sustentabel.

A Illa Fillaboa, de titularidade municipal, encóntrase na desembocadura do río Tea, dentro do LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) do Baixo Miño ES114007, incluída en Rede Natura 2000, e conta cunha superficie en torno  aos 100.000m2. Nesta acción plantaranse árbores das especies: quercus suber, quercus Robur, Alnus Glutinosa, Laurus Nobilis, Fraxinus Angustifolia e Acer Pseudoplatanus.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad